Para violín e piano Música e letra: Xaquín
Cando cheo de saudade
pola túa ausencia
póñome en ti a pensar,
nas túas brancas praias
que acariña o mar,
quixera ser gueivota,
cruzar os mares
para onde a ti voar.
Porto do Son,
pido ás ondas do mar
que me leven a ti
no seu cantar,
Porto do Son,
non podo lonxe de ti vivir.
Porto do Son,
Porto do Son,
Porto do Son
Cando lonxe do Branse
sinto a túa ausencia,
acórdome de ti,
morro de soedá.
Cando tras Montelouro
se deita o día,
eu miro cara ao mar,
acórdome de ti
e rompo a chorar.
Porto do Son,
Porto do Son,
Porto do Son.
POLO CAMIÑO DE SANTIAGO (Tríptico)
Berenguela
Tradicional. Xaquín
Feiticeira
Tradicional. Xaquín
Tradicional. Xaquín
Polo camiño de Santiago
Música: Xaquín
CANTIGA DE CABANELA
Música e letra: Xaquín
Son feitiñas, feiticeiras,
as rapazas da miña terra,
se te prenden os seus ollos
cautivo xa quedas delas,
cautivo xa quedas delas,
ai la le lo ai la la lo.
Teño un amor xunto ao mare,
á beira das lanchas mareiras,
como engaoilan os ollos,
os ollos da miña nena,
os ollos da miña nena!,
ai la le lo ai la la lo.
RETROUSO:
No Porto do Son,
á beira do mar,
verás os barquiños
saíndo a pescar;
de noite as estrelas
verás alumear
aos mariñeiros
que andan a faenare
no medio do mar.
Son feitiñas, feiticeiras,
as rapazas da miña terra,
levan todas na mirada
o resplandor das estrelas,
o resplandor das estrelas,
ai la le lo ai la la lo.
Ai, meu amor, queridiña,
ai, meu amor, gaioleira,
os ollos dunha rapaza
prendéronme en Cabanela,
prendéronme en Cabanela,
ai la le lo ai la la lo.
RETROUSO
No Porto do Son,
á beira do mar,
verás os barquiños
saíndo a pescar;
de noite as estrelas
verás alumear
aos mariñeiros
que andan a faenare
no medio do mar.
(repite primeira e última estrofa,
retrouso dúas veces e remata)
ESTRELIÑA QUE RELOCES
(Canto de berce)
Música e letra: Xaquín.
Estreliña que reloces
Na noite de luar serea,
Estreliña que te miras
Nas augas da fonte quedas,
Se o teu brillo é fermoso
Non te podes comparare
Cos luceiros dos seus ollos.
A ro, ro, ro, ro...
(música)
Flor no orballo que reloces
Cando empeza a abrir o día,
Flor fermosa que arrecendes
Ao caer da tardiña,
Flor altiva e orgullosa,
Non te podes comparare
Coa feitura desta rosa.
A ro, ro, ro, ro...
(música)
Airiños que me traedes
Cando empeza a primavera
O canto do vento alegre
Entre os soutos e as silveiras,
Traede no abrir do día
A alborada dun sorriso
A esta xoia, xoia miña.
A ro, ro, ro, ro...
(música)
MUIÑEIRA DE BAROÑA
Música: Xaquín
No hay comentarios:
Publicar un comentario